O Futsal Club Meigas medra grazas ao compromiso e á implicación de todas as persoas que formades parte da nosa masa social.
Ser socio da nosa entidade non é un simple trámite; é a ferramenta que che permite apoiar activamente o fútbol sala feminino, a igualdade e o deporte de base no noso concello.
Queremos seguir consolidando este proxecto en Segunda División Nacional, e para logralo, a túa implicación e a túa opinión son fundamentais. ¡Súmate e axúdanos a decidir o futuro do club!
Ao unirte oficialmente á masa social do FC Meigas, contarás con dereitos e beneficios exclusivos:
Voz e voto nas asembleas: Terás dereito a participar activamente, propoñer ideas e votar as decisións clave nas Asembleas Xerais do club.
Descontos: Prezos especiais na compra da roupa oficial, bufandas e outros produtos da tenda do club.
Vantaxes no merchandising:: Participacón en rifas e sorpresas organizadas ao longo da tempada.
Sorteos exclusivos: Participación automática en rifas especiais e iniciativas organizadas exclusivamente para os nosos socios.
Formar Parte da Historia: Sentir o orgullo de impulsar o fútbol sala galego cara ao máis alto.
Podes solicitalo no seguinte enlace: socixs.fcmeigas.com