O Fútbol Club Meigas non é só un equipo de fútbol sala; é unha gran familia que medra cada día grazas ao impulso da súa xente.
Na Segunda División Nacional, cada partido é unha batalla que non podemos gañar sen o teu alento desde a bancada.
Queremos que o noso pavillón sexa unha caldeira, un lugar de encontro, ilusión e orgullo para toda a comarca.
Co teu abono, non só compras un asento: estás a apoiar directamente o crecemento do deporte feminino, a consolidación do noso proxecto nacional e a formación de centos de nenos e nenas da nosa base.
Este ano, máis que nunca, a túa presenza xoga!
Acceso Total: Entrada garantida a todos os partidos de liga regular que o primeiro equipo despute como local.
Descontos Exclusivos: Prezos especiais na cantina do club e en actividades organizadas.
Formar Parte da Historia: Sentir o orgullo de impulsar o fútbol sala galego cara ao máis alto.
Os abonos inclúen tódolos partidos da tempada, inclúe partidos amigables, Liga, e tódalas eliminatorias da Copa Galicia e a Copa da Raiña.
Abono Infantil: 25€ (menores de 16 anos).
Abono Xeral: 75€ (maiores de 16 anos).
Abono Achegadxs: 160€ Válido para tres persoas en cada partido.
Podes solicitalo no seguinte enlace: abono.fcmeigas.com