O primeiro equipo feminino do Futsal Club Meigas é o noso gran estandarte. Compite con orgullo na Segunda División Nacional Feminina e na prestixiosa Copa da Raíña, levando o nome do concello de Ames e de toda Galicia polas canchas de todo o país.
Máis alá dos resultados na clasificación, este conxunto representa a culminación do noso proxecto deportivo: un grupo de xogadoras que encarnan á perfección os valores de esforzo, superación, traballo en equipo e paixón polo futsal.
Cun bloque sólido que combina a experiencia necesaria para competir na elite nacional e o talento emerxente da nosa propia escola, o primeiro equipo demostra cada fin de semana que non hai límites para os soños. Baixo a dirección do noso corpo técnico, o obxectivo segue a ser o mesmo: medrar día a día, competir sen complexos contra calquera rival e ofrecer un fútbol sala vistoso, dinámico e valente.
Para as nenas e nenos que comezan a dar os seus primeiros patadas ao balón nos pavillóns de O Milladoiro e Bertamiráns, as xogadoras do primeiro equipo son o espello onde mirarse. Son a proba viva de que, con adestramento, constancia e ilusión, a canteira da Terra Meiga pode chegar tan lonxe como se propoña.
Tivo unha destacada traxectoria como xogador, chegando a ser internacional coa Selección Española disputando o Mundial de 1989.
A súa pegada quedou gravada en equipos emblemáticos coma o Santiago Futsal, UA Ceutí e o Peñíscola, co que logrou un ascenso récord a Primeira División en 2023 e fixo historia gañando a Copa de España en 2025.
Tras a súa marcha con honores da elite do futsal asume agora o reto da Dirección Deportiva do Meigas.
Prestixioso médico especialista en medicina deportiva cunha dilatada traxectoria de máis de vinte anos liderando os servizos médicos de grandes entidades do deporte profesional galego.
Ao longo da súa recoñecida carreira, foi o xefe médico de clubs históricos como o Autos Lobelle, SD Compostela e Monbus Obradoiro.
A súa enorme experiencia na prevención, tratamento e recuperación de lesións convérteo nunha figura de máxima autoridade e fiabilidade para garantir o rendemento físico seguro no alto nivel.
Técnico cunha gran formación analítica, especialista no estudo minucioso dos rivais e na estratexia a balón parado, o que lle permite optimizar o rendemento colectivo
Destaca polo seu profundo coñecemento táctico, practicando un fútbol sala moderno, de alta intensidade.
A súa metodoloxía destaca por un rigoroso traballo defensivo, selo que perfeccionou grazas á súa bagaxe en estruturas profesionais como o Santiago Futsal.
Destaca polo seu profundo coñecemento estratéxico e a súa vinculación co desenvolvemento do fútbol sala galego.
Cunha traxectoria en constante evolución nos corpos técnicos, está consolidada como unha preparadora clave para o crecemento competitivo e o pulo do talento novo na pista.
Seleccionadora do combinado galego feminino sub-14 pola Real Federación Galega de Fútbol.
Un dos piares de máxima confianza dentro do staff de Diego Montero na Segunda División Nacional.
A súa labor céntrase no apoio táctico estratéxico, a análise do xogo en tempo real e o traballo directo no desenvolvemento operativo dos adestramentos diarios.
Plenamente integrado na filosofía de esforzo e ambición da entidade, destaca pola súa constancia e a súa capacidade para optimizar a preparación colectiva.
Membro imprescindible do equipo técnico do Meigas.
Á súa labor como delegada, que implica a xestión de vestiarios e colexiados únelle unha función moi destacda como parte do equipo técnico.
Realiza tamén o traballo de recollida e xestión das estadísticas das xogadoras durante os encontros, controlando tando as distintas situacións de xogo como os tempos de actividade/descanso, e proporcionando unha información imprescindible.
Adestrador e ex-xogador de fútbol sala santiagués que, tras unha ampla carreira en Segunda B (Lobelle, Noia, A Estrada), dirixiu con éxito ao A Estrada Futsal en Segunda B (2021-2024) e o Futsal A Baña (2024-2026).
Destaca como un adestrador de gran intensidade que combina o fútbol sala de toque cunha alta esixencia física, especialista en liderar proxectos competitivos e en potenciar o talento novo.
Iniciou a súa carreira nos banquiños en 2023 tras retirarse como xogadora no CD Camoens, onde pasou a dirixir os equipos de base e o filial sénior ceutí.
Destaca pola súa gran lectura táctica, orde defensiva e rigor na pista.
A súa metodoloxía céntrase na formación do talento novo, transmitindo un carácter sumamente competitivo, disciplina e un forte espírito de sacrificio colectivo.
Gardamallas de gran proxección formada no Poio, club no que deu o salto ao fútbol sala de elite.
Conta con experiencia na Primeira División Nacional, na que defendendo as porterías de clubs históricos de Galicia como o Poio Pescamar e o Marín Futsal.
O seu excelente rendemento, axilidade e reflexos baixo os paus levárona a ser internacional coa Selección Española Sub-19, consolidándose como un dos grandes baluartes de futuro para a portería nacional.
Gardamallas formada na liga autonómica de León, na que se consolidou grazas aos seus reflexos, axilidade baixo os paus e un excelente xogo cos pés.
Tras destacar na súa etapa formativa polo seu gran liderado desde a portería e a súa capacidade para ordenar a liña defensiva, a xogadora deu o salto competitivo a nivel estatal da man do F.C. Meigas, onde destacou como unha das porteiras máis determinantes da Segunda División.
Formada nas categorías inferiores do Viaxes Amarelle FSF, esta xogadora coruñesa conta cunha dilatada experiencia en categorías nacionais, logrando dar o salto moi nova á Primeira División Nacional Feminina.
Destaca pola súa gran calidade, o seu manexo de balón e a súa faceta realizadora, o que a converteu nunha das máximas goleadoras históricas do Viaxes Amarelle.
Conta cunha destacada traxectoria no fútbol sala de elite nacional, competindo na Primeira División co Viaxes Amarelle.
A súa capacidade para actuar tanto na posición de ala como na de peche ofrece un equilibrio ideal entre o rigor defensivo e a proxección en ataque.
A súa veteranía fóra e dentro da pista tradúcese nunha gran intelixencia táctica e liderado. Sabe ler os tempos do partido e actuar como a extensión do adestrador no terreo de xogo
Xogadora colombiana máis xoven en debutar na primeira división española.
A pesar da súa xuventude, conta cunha traxectoria competitiva sobresaínte, xogando en primeira división co Zaragoa e o Trocal, disputando varias edicións da Copa Libertadores e participando coa Selección Absoluta de Colombia na Copa América e o Mundial de Futsal Feminino.
Caracterizase pola súa gran capacidade de anticipación, facilidade para superar adversarias no un contra un e unha gran finalización.
Á/peche cántabra que conta cunha destacada traxectoria no fútbol sala de nivel estatal, competindo con gran regularidade en Segunda División Nacional.
Formada no norte peninsular en equipos como o CDE Muslera, destaca na pista polo seu rigor defensivo, visión táctica e enorme pegada.
Xogadora moi fiable e con moito carácter competitivo, posúe ademais unha notable faceta realizadora que a converten nun perfil clave para dotar de solidez ao xogo colectivo
Recoñecida pívot arxentina de ampla traxectoria internacional, campioa e referente histórica do Ferro Carril Oeste no seu país. Tras consolidarse na elite suramericana co club de Caballito e o Sportivo Barracas, deu o salto a Europa onde destacou polo seu olfato goleador e experiencia en clubs como o San Pablo e o CD Camoens de Ceuta en Segunda División. Xogadora moi competitiva e de gran presenza na área, destaca pola súa facilidade para fixar ás defensas rivais e a súa contrastada capacidade realizadora.
Emblemática capitá da Selección Absoluta de Fútbol Sala de Uruguai, combinado co que disputou varias edicións da Copa América.
Tras converterse nunha das primeiras xogadoras profesionais na Arxentina colleitando múltiples títulos con San Lorenzo de Almagro, deu o salto a Europa onde competiu a gran nivel en Segunda División en clubs como o CD Camoens de Ceuta e o San Pablo de Eivissa.
Xogadora de enorme carácter e gran bagaxe competitiva, destaca polo seu dinamismo, visión de xogo e liderado na pista.
Cunha sólida proxección no fútbol sala autonómico e nacional, esta xogadora amiense desenvolveu a súa traxectoria competindo a gran nivel grazas a sía calidade técnica e diferencial un para un.
Tras completar o seu ciclo formativo na canteira do Meigas, consolidouse nas ligas galegas antes de dar o salto competitivo a categorías de nivel estatal.
Formada nas categorías inferiores do Pescados Rubén Burela FS, histórico club de elite.
A súa traxectoria marcada pola constancia e a disciplina táctica, consolidouse como un dos grandes valores de futuro do fútbol sala galego.
O seu gran nivel técnico e intelixencia na pista levárona a ser unha habitual nas convocatorias das Seleccións Galegas de base, destacando en campionatos estatais.
Procede do Amarelle, club co que desenrrolou toda a sua etapa formativa ata chegar a formar parte do primeiro equipo en primeira e segunda división.
Xenerosa no esforzo e cun forte compromiso, destaca pola lectura do xogo, facilidade para a anticipación e asociación, e unha grande facilidade para a finalización.
Desenvólvese na posición de peche aínda que posue unha gran capaciade ofensiva e goleadora.
Inicia a súa carreira no fútbol sala da prolífica canteira de A Fervenza, dando o salto ao alto rendemento no FSF Castro e posteriormente no Teldeportivo e Estrela Futsal.
Destaca pola súa polivalencia táctica e intelixencia na pista. cunha gran capadicade para organizaro o xogo.
Desenvólvese principalmente nas posiciónas de á e peche, dende as que destaca a sía facilidade de pase e asociación.
Canteirá do Poio, xogou as dúas últimas tempadas no Lesi Pontevedra.
Destaca na pista de fútbol sala pola súa gran intensidade, entrega e un carácter competitivo moi marcado que lle permite liderar o xogo con moita garra. É unha futbolista con gran compromiso na presión defensiva, que achega un ritmo moi dinámico ás transicións e que xera un gran impacto no bloque grazas á súa polivalencia e capacidade para non dar ningún balón por perdido.